O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “ainda que o momento económico que estamos a pasar actualmente é francamente malo, tamén por extensión o sector da construcción se está a resentir, en Ribadeo no que ten que ver coa rehabilitación das dúas áreas que temos en funcionamento, o casco vello de Ribadeo e o casco vello de Rinlo, a verdade é que ofrecen uns resultados que convidan á esperanza, convidan a seguir traballando nesta eido”.

O rexedor explica que “no área de rehabilitación de Ribadeo, que leva dez anos en funcionamento, rehabilitáronse unhas 160 vivendas. Trátase dunha cifra importante, tendo en conta que cando se fixo a estimación inicial para o casco vello falóuse de que este programa chegaría para unhas 370 vivendas e levamos o 44% dos obxectivos cumpridos.En Rinlo estamos empezando, pero os resultados convidan á esperanza”.

Suárez Barcia anuncia que “estes días estamos enviando a veciños e propietarios de inmobles tanto do casco vello de Ribadeo coma de Rinlo unha serie de cartas abertas indicándonlles a posibilidade que seguen a ter de pedir estas axudas, que continúan financiando a Xunta e o goberno do Estado para a rehabilitación de particulares. A cifra pode chegar ata os 10.000 euros a fondo perdido, ademáis desde o Concello se bonifica a licencia de obra nunha porcentaxe moi importante e tamén desde a Oficina Municipal se elaboran os proxectos, así os veciños decididos a rehabilitar non teñen que costear o proxecto porque se fai gratuitamente”.

O alcalde ribadense diríxise nesas cartas a todos os propietarios que ainda non rehabilitaron as súas vivendas, “para dicirlles que si están pensando en facelo que non lle dean más voltas, porque aparte de que a rehabilitación particular dun inmoble contribúe na colectividade á hora de ter máis vivos e máis atractivos os cascos vellos e que iso, desde o punto de vista turístico, atrae a que abran novos establecementos comerciais e a que Ribadeo siga a ser un lugar de destino preferencial por parte de moita xente”.