O rexedor comentou: “grazas mestras polo voso traballo desinteresado, polo voso tempo, por axudar voluntariamente a moitos/as pícaros/as a acadar os seus obxectivos académicos sempre con cariño e respecto”. 

Xunto a elas estiveron tamén o traballador social José Luis Gegunde e a educadora familiar Fianma Prada.