O rexedor dixo que “durante estes tres anos e medio de goberno autonómico do PP asistimos a unha absoluta precarización e un recorte en materia de benestar social e de servizos sociais. E sábeno moi ben todas aquelas persoas, centos, que a día de hoxe están con plans individuais de actuación sen aprobar”.

Fernando Suárez sinalou que “desde os Concellos asistimos a un recorte absoluto das partidas da Xunta que tiñamos para a axuda no fogar e podemos ver como servizos que viñan funcionando moi ben, como a teleasistencia, agora para as novas altas só se dará para anciáns que sexan dependentes. Ás veces é algo absurdo porque si son dependentes moitas veces non poden vivir sós. Desde a Xunta teñen a excusa de manter servizos, pero cada vez máis reducidos para un universo moito menor de persoas”.

Para o alcalde ribadense “todo isto contrasta con estes anuncios absolutamente electorais e de campaña coma os que hoxe vemos na prensa. Por certo, coñecemos a nova a través da prensa sen que os servizos sociais municipais se enteren polos cauces formais polos que deben vir. Enterámonos de que o PP di alegremente que vai haber 11 novas prazas para persoas dependentes en Ribadeo, sen dicir si esas prazas son en residencias, si son no hospital asilo de, que é municipal e está saturado e non pode haber máis, si esas prazas son no centro de día, que é consorciado entre a Xunta e Concello, e tampouco alí podería ser porque a día de hoxe hai lista de espera e non se habilitan máis prazas”.

Suárez Barcia indicou que “os candidatos do PP tocan de oído por informacións que lles dan desde a Xunta e non saben moi ben a que refiren. Nós entendemos que o que vai facer o goberno galego neste servizo, que sí que ten que asumir, que é a axuda no fogar para persoas dependentes nos que, por facer un resumo, estaban a asumir un total de 1.200 horas mensuais no ano 2011 e despois neste 2012 baixaron a 800 horas/mes, algo que xenerou unha lista de espera importante. E agora a 10 días das eleccións anuncian a grandes titulares esta noticia, pero o que van facer é devolver as horas que nos sacaron e que antes tiñamos”. O alcalde subliña que “mais que crear nada a maiores é restituir unha situación que había antes e que eliminaron nos últimos meses”.

O rexedor amósase disgustado e sinala que “é moi decepcionante comprobar como se pretende enganar á xente desta maneira. Claro que con estes recortes á Xunta lle cadran as contas, pero é moi triste que a cambio de dar o diñeiro que lle están a dar á banca e de indultar aos defraudadores de grandes capitais ao final queiran cadrar os balances precarizando desta maneira á xente maior, á xente que vive soa e á xente que máis o necesita. Parémece moi mal e que o fagan ademais a 10 días das eleccións autonómicas”.