Cupeiro advertiu que “a partires de hoxe sancionaremos a aquel que non cumpra a dirección obrigatoria de Rinlo, aos que no respecten a zona amarela e tamén a aqueles que aparquen no paseo marítimo. Xa que estamos no verán queremos facer máis fluido o tráfico nese cuello de botella que temos en Rinlo e para iso hai que respectar a sinalización existente”.

O edil nacionalista pídelle á cidadanía que “agora durante o verán deposite o lixo nos contedores a partires das dez da noite para que non fermente durante o día e produza malos olores”. E lembrou que “ten que ir en bolsas pechadas, para que non solten líquido e despois corra pola rúa”.

Ademáis o concelleiro de Medio Ambiente anunciou que “a Policía Municipal ten orde de denunciar e sancionar a aquelas persoas que leven ás súas mascotas, aos seus cans, sen os chips correspondentes e tamén a aqueles que non recollan os excrementos das zonas verdes e das beirarrúas”. Cupeiro lembra que “os cans non poden andar soltos por Ribadeo. Teñen que ir sempre atados e algúns con bozal”.