Horacio Cupeiro manifestou que “hoxe quero pedirlles aos nosos veciños unha nova mellora en canto ás normas de urbanidade, posto que ainda que esteamos en crise o bó comportamento medio ambiental non ten custe algún e sin embargo gústanos ver os espazos comúns o máis limpos posible”.

O edil nacionalista comentou que “por iso desde o goberno local pedímoslles que depositemos o lixo a partires das nove da noite en bolsas pechadas e sin buratos para evitar que algún líquido poida sair ao exterior e para que non cheire pola rúa, que continuemos co hábito de seleccionar o lixo, estámolo a facer moi ben como xa comentei noutra ocasión, que depositemos nas papeleras os papeis, as colillas e as pipas e que sexamos responsables como propietarios dos animais, sobre todo dos cans”. Cupeiro lémbralles aos donos dos cans que deben ir amarrados pola rúa tanto de día coma de noite e que non deixen os seus excrementos nas beirrarúas, xardíns, plazas, etc…

O responsable de Medio Ambiente engadiu que “a pesares de termos sido galardoados coas bandeiras verdes, como concelleiro gustaríame que se mellorase neste sentido en beneficio de todos os ribadenses”.

Por outra banda, Horacio Cupeiro recollerá o vindeiro luns en Madrid as dúas Q de calidade que reciben as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas.