Cupeiro fixo un desglose de todo o lixo e de todos os materiais recollidos en Ribadeo ao longo do ano 2011 e realizou unha comparativa co 2010. O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “no contedor orgánico, que é o que paga o Concello, recollemos 4.203.470 kilos de lixo, o que supón un 5% menos que no 2010. No contedor amarelo recolléronse 275.000 kilos, un 7,7% menos que o ano anterior, isto lóxicamente págao Ecoembes. En vidro recollemos 276.970 kilos, un 3’54% menos que no 2010; nos contedores de cartón os ribadenses depositamos 262.705 kilos, un 3’78% máis que o ano anterior; no cartón porta a porta recollemos 26.944, un 16,42% que no 2010; nos contedores de roupa deixáronse 25.820 kilos, un 11,56% máis que o ano anterior; en aparatos eléctricos e electrónicos recollemos 26.165 kilos, un 1,11% máis que no 2010; en residuos perigosos 1.628 kilos, un 39% máis; en voluminosos recollemos 40.580 kilos, un 7’13% máis; en plásticos de silos é curioso porque baixamos nun 30% e recollemos 55.600 kilos; en aceite de cociña recolléronse 2.080 kilos, un 12% menos”.

Horacio Cupeiro aproveitou para contar que “o custe de toda a Delegación de Medio Ambiente é de 1.125.342 euros” e fixo unha reflexión “en períodos de crise debemos tentar reducir todo isto e todos nos debemos comprometer para reducir estas cifras facendo un bó uso de todo o sistema, tanto por parte dos cidadáns como por parte dos que diriximos isto”. O concelleiro de Medio Ambiente poñía algúns exemplos, “os cidadáns deberían reducir os residuos, clasificar mellor ditos residuos para que vaian aos sistemas integrados de xestión e non teña que pagar o Concello, por iso pido unha vez máis a todos os veciños que fagan unha recollida selectiva axeitada, porque por responsabilidade medioambiental e de sostibilidade debemos seleccionar”. Cupeiro considera que “debemos aplicarnos no traballo para facer o mesmo con menos xente, debemos darlle un bó trato á maquinaria para non ter que ir aos talleres e aforrar, debemos ser serios no traballo en canto ao horario e a atención ao cidadá, debemos aforrar en combustible. Tamén na Delegación de Medio Ambiente debemos aforrar en papel, en luz, en informática, en calefacción, debemos mellorar en contratación de empresas auditoras do sistema de mantemento.  Si todos nos responsabilizamos e nos comprometemos isto poderémolo sacar adiante, se non somos responsables a nosa comunidade, o noso concello todos teremos graves problemas”.