O edil dixo que “ata hoxe a recollida estívose a realizar sen problema, pero nesta xornada o camión non puido pasar, debido á folga do transporte. Agardamos que en breve isto se solucione, porque de non ser así imos a situación pódese complicar”.

Díaz Freije pídelle á veciñanza que “sempre, pero estes días máis, introduzan o cartón nos contedores, perfectamente dobrado para que así o espazo se poida aproveitar mellor. E que non deixen o cartón tirado no chan, xa que hai contedores dabondo en Ribadeo para depositalo. É certo que nas zonas con mais densidade de poboación énchense antes, pero hai outros que sempre teñen capacidade para que sexa posible seguir depositando o cartón nos recipientes axeitados e non en calquera sitio”.