O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que “Ecovidrio xunto co Concello deseñou unha campaña de reforzo de contedores, nos que van figurar as sete edicións do Ribadeo Indiano cos seus carteis. Son oito contedores de reforzo con esa imaxe significativa de cada edición do evento, que están situados en puntos estratéxicos da vila”.

O edil ribadense indicou que “ademais ponse en marcha unha recollida porta a porta para os hostaleiros, da que se beneficiarán entre 30 e 40 locais das zona da vila que forman parte do recorrido da festa indiana, desde o porto ata a rúa San Roque. Unha parella de rapaces van ir recollendo os residuos de vidro en todos os locais que se quixeron adherir a esta campaña que solicitamos e Ecovidrio, que foi por cada establecemento que o precisou, levoulles un contedor para que fixesen mellor ese labor. Entón durante sábado e domingo van ter á súa disposición ese servizo de porta a porta: vanlles recoller os envases de vidro e despois devolveranlles o recipiente baleiro”.

Díaz Freije agarda que “sexa unha xornada lúdica e festiva propicia para toda a vila, para todos os visitantes e para todos os veciños de Ribadeo e que para os hostaleiros supoña unha boa festividade”.