O concelleiro nacionalista sinalou que “dende o Concello de Ribadeo asinamos un convenio coa Fundación Humana para a recollida de roupa usada. No 2012 recolléronse uns 30.000 kilos de roupa en bó estado e coma contrapartida o Concello recibirá 900 euros anuais que destinaremos a fins sociais, á compra de alimentos para aquelas persoas máis necesitadas e tamén nos enviarán 300 kilos de roupa limpa e en moi bo estado para os veciños e as veciñas de Ribadeo que máis a precisen”.

Horacio Cupeiro dixo que “estamos agradecidos pola seriedade coa que Humana realiza a recollida de roupa, e polo número de contedores que teñen situados no casco urbano de Ribadeo. Outras empresas nos poñían menos e nos daban menos cartos. Estamos agradecidos e debemos seguir entregando a roupa a Cáritas en Ribadeo ou depositala nestes contedores, como mellor vexamos”.