“O que pretendemos deste xeito é non interferir no percorrido da cabalgata dos Reis Magos”, explican. 

O servizo de recollida porta a porta do cartón comercial volverá á normalidade a vindeira semana: “coma sempre prestarase os martes e os xoves, aínda que o 5 de xaneiro facemos esa excepción para que os Magos de Oriente e o seu séquito poidan circular con total normalidade polas rúas de Ribadeo”.