O rexedor dixo que “aproveitando unha serie de problemáticas que desde hai tempo o servizo de Correos nos indica coa confusión de moitas rúas, espazos públicos que ás veces non teñen denominacións concretas ou claras e ao mesmo tempo como temos a necesidade de recoñecer a vida, a obra, a labor de determinados persoeiros estivemos traballando entre todos os grupos e debo destacar a unanimidade e o esforzo que fixemos todos para chegar a este acordo. Todos os grupos da Corporación fomos poñendo propostas enriba da mesa e lóxicamente nin a nós como goberno nos gustaban algunhas dos grupos da oposición nin viceversa, pero todo soubemos ser xenerosos e Ribadeo merece que cheguemos a acordos nestas cuestións como noutras moitas”.

Suárez Barcia sinalou que “decidimos nomear 21 rúas, espazos e prazas públicas, facer un recoñecemento a persoeiros vinculados con Ribadeo e acordamos facer máis adiante un acto de recoñecemento público ás persoas vivas ou non que formaron parte das Corporacións democráticas de Ribadeo desde as primeiras eleccións democráticas, é dicir desde ano 1979”. O alcalde de Ribadeo explicou que “no caso das rúas hai 21 viais e espazos públicos que recibirán novas nominacións, respondendo nalgúns casos a topónimos históricos ou tradicionais de Ribadeo. Hai unha rúa que leva o nome do primeiro alcalde democrático que tivo Ribadeo no período democrático da segunda república española; dámoslle nomes de destacados persoeiros cinvulados ao arte como Benito Prieto Cousent ou coma os irmáns Suárez Couto. Noutros casos fixémonos eco de acordos do mandato anterior da Corporación anterior como denominar a praza 8 de marzo ou a rúa Meniñas da Saudade. Damos noutros casos nomes de persoas, pero que respostan a unha cuestión simbólica e sentida coma unha rúa que lle queremos dar a José Couso, que representa o dereito á información nos conflictos bélicos e a sin razón das guerras, e que foi unha víctima colateral dun conflicto imperialista coma o que levou á guerra no Irak por parte dos Estados Unidos”. E engadiu “ao mesmo tempo queremos recoñecer unha vía coma avenida da ría de Ribadeo e o labor de estadistas vinculados a esta vila do século XIX ou principios do XX, que coas súas cualidades humanistas tamén puxeron o nome de Ribadeo polo mundo adiante”.

Sobre os recoñecementos de persoeiros “acordamos entre todos designar dous fillos adoptivos, John Rutherford e José Calavera, e designar como fillo predilecto a Víctor Moro. Empezando por éste último, Víctor Moro é un activo defensor da legalidade e do recoñecemento do topónimo histórico, legal e vixente de ría de Ribadeo. John Rutherford é galeguista, galicianista e hispanista, que aínda non nacendo no noso concello é un incasable defensor da nosa lingua e da nosa cultura galega e un exemplo para todos nós. E José Calavera é un extraordinario profesional e tivo un traballo abnegado, esforzado e altruista para a conservación da Torre dos Moreno e froito do seu traballo hoxe estamos empezamos a ver os primeiros resultados”.

Suárez Barcia reiterou que “queremos facer un acto de recoñecemento público ás persoas, vivas en moitos casos e lamentablemente mortas noutros, pero que formaron parte das diferentes Corporacións democráticas de Ribadeo en diferentes grupos políticos, pero co convencimento desde diferentes ópticas e visións que tentaron facer o mellor para Ribadeo”.