O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, subliñou que “esa coordinación entre veciñanza e Concello é necesaria para que o traballo día a día de todo o que é a limpeza salga adiante, é moi importante esa colaboración cidadá que eu sempre vou demandar e sempre imos agradecer dende o goberno municipal”. Jorge Díaz dixo que “seguirei pedindo e sendo reiterativo que sen esa axuda non se poden levar a cabo moitas facetas por parte dos veciños e veciñas, seguirei motivándoos a que reciclen e que cando vaian a tirar o lixo sexa o máis tarde posible, entre as nove e as dez da noite, que pechen esas bolsas e que o plástico vaia para o colector amarelo, o cartón para o azul e o vidro ao verde. Seguir con eses pasos que imos dando día a día e que avancemos para que iso siga adiante”.

O edil nacionalista engadiu que “é moi importante que tanto a restauración como os comercios con algo de entidade colaboren en todo o posible en que ese cartón porta a porta o saquen os martes e os xoves pola tarde, que todos eses residuos que xeren os pechen na súa bolsa e que non envorquen os caldeiros directamente nos colectores. Todo ese tipo de cuestións cidadás que debemos abordar e que debemos ir mantendo e ir mellorando pouco a pouco ese traballo diario que fai que Ribadeo estea moito mellor e máis limpo”.

Por outra banda Jorge Díaz lembrou que “un dos colectores que tamén está a funcionar é o do aceite usado vexetal e quero reiterar un pouco nesto porque ás veces cométense erros na reciclaxe e hai que botar a botella pechada no colector e non o aceite no recipiente directamente. A nós como Concello cantos menos impropios xeremos menos pagamos e como resultado é unha amortización e sáenos un servizo máis rendible”.

O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos tamén fixo fincapé “na necesidade de empregar o punto limpo para levar alí todos eses enseres dos que nos queremos desfacer da casa. A veciñanza pode ir directamente ao punto limpo de luns a venres, en horario de mañá e de tarde, e os sábado pola mañá a depositar eses obxectos. E tamén deben lembrar que o Concello de Ribadeo conta cun servizo de recollida que está operativo os primeiros e últimos martes de cada mes. O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós no 982 128 650. O que lles pedimos é que non deixen eses enseres tirados en calquera lugar da vila ou en calquera recuncho do concello”.