Recepción no Concello a catro deportistas do Club de Remo de Ribadeo polo éxitos no Campionato de Espala

No salón de plenos do Concello tivo lugar unha recepción a catro deportistas do Club de Remo de Ribadeo polos éxitos conseguidos no Campionato de España de Larga Distancia, que se celebrou en Castrelo de Miño.

Os deportistas homenaxeados son: Mateo Monteserín González, Conrado Lara Calonge, Irene García Valle e Antón Balsa Val, que estiveron acompañados polas súas familias e adestradores.

Presidiron a recepción o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que felicitaron ao Club de Remo pola súa traxectoria e polas medallas conseguidas hai uns días por estes catro deportistas.