Con esta incorporación son dous os deportistas que serán residentes este curso, xa que Irene García Valle renova un ano máis. Todo o bo traballo da o seu froito e ten a súa recompensa.

Tamén tres das nosas palistas (as tres campioas de España): Elena Justo Carballeira, Manuela Lastra Castillo e Elena Fernández Rico, formarán parte da selección galega que acudirá ao campionato de España por autonomías que se celebrará en Verducido do 27 ao 29 de outubro.

Moita sorte nesta nova etapa para os deportistas.