<p>A segunda recepción desta mañá foi co alumnado de sexto da ESO do Ceip Gregorio Sanz, que asistiu a unha charla sobre o significado histórico do Ribadeo Indiano, así como a unha visita guiada por diferentes espazos da vila asociados ao legado da emigración. Como recordo da xornada fixeron unha foto no Pazo de Ibáñez xunto ao alcalde, Fernando Suárez.</p>