O rexedor contou que “estas anomalías na recepción da sinal da Televisión de Galicia comezaron a producirse a semana pasada en Ribadeo, segundo nos comentaron varias persoas. Puxémonos en contacto coa empresa e hai un número de teléfono, que é o 900 833 999, para atender de xeito gratuíto as incidencias que os usuarios desta canle ou doutras lles queiran facer chegar”.

Fernando Suárez explicou que “ata onde puidemos saber houbo veciños que colocaron pola súa conta, coa axuda de técnicos expertos, uns filtros nos seus domicilios para poder ver con normalidade a TDT. Pero insisto en que hai un teléfono para facer chegar estas incidencias, que a empresa está tentando arranxar sen custe para os veciños e veciñas de Ribadeo”.

O alcalde sinalou que “a chegada do 4G na banda 800MHz permitirá disfrutar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica. A firma Llega800 é a entidade encargada de garantir a compatibilidade deste servizo 4G coa TDT nesa banda, na 800MHz”.

Suárez Barcia engadiu que “animamos a toda á xente que estea a notar interferencias ou que teña problemas para ver a televisión a poñerse en contacto con Llega800 neste número de teléfono 900 833 999”.