O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, ofreceron esta tarde unha recepción na Casa do Concello a varios clubes deportivos da vila en recoñecemento aos éxitos acadados esta tempada.

Ao acto asistiron representantes do C.B. Ria de Ribadeo, que conseguiron o subcampionato provincial e o campionato da Liga de A Mariña Alevín; da S.D.Ribadeo Tenis de Mesa, que logrou o ascenso á 1ª galega; da S.D. Ribadeo, que se proclamou campión da Copa Deputación infantil; e tamén á subcampiona galega infantil de ximnasia rítmica, Ana Rico, da Escola Porta Norte.

Suárez e Castro felicitaron a rapaces e adestradores polos éxitos conseguidos e animaráronos a seguir practicando estes deportes. Os clubes premiados recibiron unha placa conmemorativa.