O rexedor anunciou que “desde o Concello de Ribadeo licitamos e adxudicamos a execución de obras de rebacheo en diferentes camiños e pistas de titularidade municipal, que se atopan bastante deteriorados moitas veces por mor destas chuvias tan importantes e destes acontecementos climatolóxicos do inverno, que sempre provocan un destrozo das pistas que é necesario ano tras ano rebachear e actuar con coidado para que non se poñan peor”.

Suárez Barcia contou que “estamos actuando en casi todas as parroquias do interior e da costa, así como tamén en varias rúas do casco urbano. Estes traballos suporán un desembolso duns 50.000 euros. E a diferencia dalgún outro candidato que estes días anda por aí lucindo anuncios, que xa anunciara hai varios meses o propio conselleiro da Xunta, sen que se vexa por ningún lado actuación algunha e seguramente que nos vindeiros días tampouco empezarán eses traballos, que desde o Concello pedimos por unanimidade de todos os grupos hai meses, nós a diferencia doutra xente non vendemos motos, nós actuamos. E boa proba delo é que as máquinas hoxe están a traballar no lugar de Remourelle na parroquia de Arante e irán a continuación polo resto de parroquias tanto do interior como da costa”.

O alcalde de Ribadeo pide disculpas “aos veciños por ternos demorado ata que mellorou o tempo, pero é necesario porque non se pode rebachear en determinacións condicións nas pistas e quero pedir disculpas tamén porque seguramente molestemos e terán nalgúns casos que facer desvíos dos seus traxectos cos vehículos, pero durante estas actuacións debemos manter a seguridade pública”.