O edil ribadense comentou que “na actualidade temos un déficit importante de persoal neste área debido ás baixas que se rexistraron nas últimas semanas. Estamos pendentes do Risga e do Depu Emprego, pero ambos acumulan retrasos duns dous meses nas contratacións. E mentres nós seguimos agardando. A todo isto que engadir que a climatoloxía do mes de xullo, con moito calor e moita humidade ocasionou que a herba medrase moito”.

O concelleiro de Medio Rural subliñou que “de todos os xeitos nesas áreas vaise actuar en breve. E desa información dispón o PP, eles saben que se van limpar e desbrozar e uns días antes sacan as súas críticas para así apuntarse o tanto. Iso tamén o ten que saber a xente. Eles son coñecedores dos plans do equipo de goberno e queren facerlle crer á opinión pública que grazas ás súas denuncias estamos a actuar e iso non é así e eles sábeno”.