O rexedor referiuse hoxe: “ás obras, ás melloras e ao remate dos traballos ben planificados polo goberno municipal”.

Suárez Barcia contou que “rematamos as obras do e mellora da área recreativa da Vilavella, onde se recuperou e ampliou o espazo verde, que ocupaba a antiga estrada que daba acceso ao núcleo urbano. Nesta zona, a pesar do seu moito uso para os deportes de remo e piragüismo, estaba nunha situación que non era a axeitada para ser un dos principais accesos á vila de Ribadeo”.

O alcalde dixo que “decidimos crear unha zona de lecer e de descanso, con miradoiro, con bancos, mesas, aparcabicis e paneis informativos. Axardinouse o espazo e instalouse nova iluminación LED. Quixemos aproveitar unha pequena axuda de 29.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta á que lle engadimos a parte restante até acadar os 40.000 euros de investimento”.

E engadiu: “desde o goberno municipal queremos sumar esta actuación a outras que están mellorando moito o noso concello desde o punto de vista medioambiental e recreativo”.

Ata a área recreativa de A Vilavella se achegaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras, Medio Rural e Turismo, Mónica Freire, Marcos Villamil e Pablo Vizoso.