O rexedor explicou que “acabamos de rematar as obras de aglomerado e de acondicionamento do entorno das rúas Carlos III e Sor Pilar de León, na zona do colexio Sagrado Corazón. Estas obras foron financiadas polo Concello con fondos propios, con 34.000 euros, e fíxoas a empresa Deymet”.

Fernando Suárez subliñou que “estivemos planificando esas obras cando menos podían molestar, dado que é unha zona moi concorrida, especialmente polo colexio, aínda que tamén polo diferente tráfico que a utiliza como saída da autovía ou como a unión coa avenida importante que é Rafael Fernández Cardoso”.

O alcalde sinalou que “agora, eliminados os problemas que había de fochancas, todos os problemas que había tamén de pluviais en canto ás augas que non daban boa saída e anegaban varias casas cando chovía moito, esperemos que toda esta obra serva para facer máis agradable o paso e o paseo por esa zona tan importante de Ribadeo. Polo que queda totalmente restablecido e aberto ao tráfico nesas rúas”.