“Rapazas de conto: Contos para a Igualdade” para fomentar os valores igualitarios en Ribadeo

contos_pola_igualdade

Onte, dentro dos actos do Día da Muller organizados pola Concellería de Cultura e Igualdade, o alumnado de 1º e 2º de Primaria asistiu a un contacontos no Teatro narrado por Marisa Irimia, ilustradora, contacontos e animadora da lectura.

Esta actividade, “Rapazas de conto: Contos para a Igualdade”, tiñe como obxectivo fomentar os valores igualitarios e non discriminatorios por razóns de xénero, e ofrecer referentes femininos onde as rapazas desenvolven un papel activo.