Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “as notas que caracterizan este iniciativa son impulsar e promover ás mozas creadoras, xa que ao igual que noutros eidos, as mulleres teñen máis dificultades de ter presenza no mundo artístico. Este caderno é unha simbiose entre o potencial da escrita destas autoras e a ilustración. Cada unha delas achegou unha foto ou ilustración e as outras mozas escribiron inspirándose  na mesma. Este caderno conta con traballos feitos en galego, porque ao igual que as mulleres é un idioma que se encontra en situación de inferioridade, e por eso decidiuse promover e potenciar ao galego mediante a escrita de todos os textos en galego. Ademais contouse coa colaboración para este caderno da escritora consolidada  Marica Campo”.

E engaden que “o seu coidado deseño corre a cargo dunha moza tamén sondanorteña, Xana Arias. O  título Rachando inercias non ven máis que a salientar o que pretende o caderno, creadoras ribadenses xoves tentando rachar coas inercias que sitúan ás mulleres e á lingua galega nunha situación de inferioridade”.

A presentación terá lugar o vindeiro sábado, 8 de decembro, ás 18:30 horas no parque de San Francisco, na carpa alí instalada.