O rexedor dixo que “estivemos apurando os prazos ao máximo e por fin podemos dicir que as obras desta primeira parte da rúa Ramón González están rematadas e a disposición de todos os veciños e de todos os usuarios que queiran pasar por ela. Isto remata o proceso dunha obra duns 110.000 euros que durante un período de dous meses estivemos a realizar”.

Para Suárez Barcia “agora pode dar unha imaxe do que esta rúa vai ser despois de que o ano que ven, si podemos continuar e culminar este proceso facendo a parte que nos queda, contribuirá a destacar e poñer en valor unhas das últimas rúas céntricas de Ribadeo que se atopaba en moi mal estado. Hai que lembrar que nestes seis ou sete anos anteriores a maioría das rúas do ámbito urbano foron modernizadas e humanizadas, pero estaba chamaba a berros pola súa reparación”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “agora con árbores, con farolas, con todos os suministros de electricidade, de gas, de cable, etc, soterrados é unha das rúas máis modernas que temos en Ribadeo. E só lle falla a outra parte, a outra metade. Si antes cada ano amañabamos dúas rúas, por poñer por caso, agora facémolo por metades, pero así o ano que ven poderemos ter todo perfectamente liquidado e será unha boa actuación para o comercio local, para o comercio desa rúa, que estaba un pouco esquecido, e seguro que moita máis xente paseará e se achegará a esa rúa”. A rúa Ramón González quedará aberta ao tráfico nas vindeiras horas.