Suárez Barcia sinala que “esta situación se non fose grave podería parecer traxicómica ou ridícula, no sentido de que a SGAE nos queira cargar ao amparo dun convenio tipo que mantemos con ela para que, por exemplo, as actuacións de teatro nos saian máis económicas cando temos que pagar o canon desta sociedade. Pero o que nos doe moito, e ademáis non salgo do meu asombro despois de ler as facturas e os conceptos que nos meten como actuacións da Banda Municipal de Ribadeo, da coral dos nenos do colexio Sagrado Corazón, de Amigos da Gaita, da banda xuvenil da Escola de Música… que por todas estas actuacións de xente afeccionada, de nenos que non son profesionais, que non viven deso e que o Concello teña que pagarlle o canon á SGAE é grave. Debemos aportar máis de 2.500 euros por estes conceptos e desde logo esto non ten nome, non ten xeito e esto é un auténtico despropósito desta sociedade de autores”.

O alcalde suliñou que “estamos dirixíndonos tanto á Federación Galega de Municipios e Provincias como á FEMP para pedirlles amparo e para nos dean a súa opinión desde o punto de vista xurídico porque entendemos que non nos poden obrigar a estes pagamentos. Non discutimos aqueles outros de actividades lucrativas, de obras de teatro, etc, pero actividades nas que non cobramos entrada e que as fan e nas que participan nenos ou persoas de xeito amateur sen ánimo de lucro, e que o Concello teña que acabar pagando estes cartos é algo que nos parece fora de lugar. E por iso quero que esta queixa sexa ben alta, ben forte e contundente e espero que máis Concellos, supoño que non seremos os únicos, alcen a súa voz sobre algo que é un auténtico despropósito”.