O edil en funcións sinalou que “acabamos de recoller en Vigo o diploma de recoñecemento da Q de calidade turística das praias de As Catedrais e As Illas-Castros. O obxectivo é dar unha maior visibilidade ao sector turístico”.

Horacio Cupeiro subliñou que “os nosos areais son un referente nacional tanto desde o punto de vista medio ambiental como turístico, tal e como acredita este diploma. Debemos seguir loitando por un turismo sostible, onde visitantes e nativos nos poidamos encontrar a gusto”. Os areais ribadenses contan con esta distinción desde o ano 2009.

O concelleiro de Medio Ambiente dixo que “as esixencias da Q de calidade son enormes, pero é unha garantía para o cidadán sexa de Ribadeo ou de fora de aquí. Debemos seguir loitando para que moitos establecementos de Ribadeo conten coa Q de calidade”.

Tamén recolleu en Vigo a Q de calidade que recibiu o Real Club Náutico de Ribadeo o seu presidente, Ramón Acuña. Cupeiro felicita ao RCNR por esta distinción.