Suárez Barcia fíxose eco “dunhas suxerencias que me fixeron algúns cazadores de Ribadeo sobre a perigosidade que mostra a autovía do Cantábrico ao seu paso por este concello, simplemente pola maneira en que o valado foi colocado no seu momento, que moitas veces posibilita que por debaixo desta malla metálica se poidan colar ou meter un xabarín, un can de caza ou animais salvaxes que poden cruzar esta estrada ocasionando perigos. Concretamente un cazador díxome que un dos seus cans foi atropelado por un vehículo, non se trata dunha alarma senón de feitos reais”.

O rexedor sinala que “esta situación é debida a que no treito de Ribadeo é moito máis precaria esa malla e non así nos tramos de Barreiros onde hai unha dobre malla que está anclada no chan impedindo o paso de animais. Así tamén está en moitos treitos da autovía do Cantábrico ao seu paso por Asturias, é un método moito máis eficiente que o de Ribadeo”. Fernando Suárez subliñou que “con informes técnicos querémoslle pedir ao Ministerio de Fomento, a través da Unidade de Carreteras de Lugo, que dean conta desta reparación canto antes e confío en que se revolva en moito menos tempo que algo tan simple como algo que se vai resolver, pero realmente tivo que anuncialo o propio ministro, eu cando era tenente de alcalde no ano 2007 pedínlle por escrito e formalmente que puxese na saída da Devesa un letreiro indicando esta parroquia. Tardaron 4 anos e agora parece ser que o van poñer, algo que me enche de satisfacción e de ledicia, pero é algo que me preocupa moito porque si para poñer un letreiro tardaron catro anos non sei o que tardaremos en facer outras obras de importancia para Ribadeo como a ruta das cetáreas ou o terceiro acceso a Ribadeo desde a A-8, unha obra que foi aprobada no Congreso dos Deputados”.

O alcalde de Ribadeo confía en que “como moita xente está de saldo nos días que quedan de campaña a ver si nos prometen algo que realmente se poida cumprir”.