A proposta consta de dous puntos:

1º.-Que como ten sinalado no recente escrito de 15 de outubro de 2009 o director do gabinete da Secretaría de Estado de Planificación e Infraestructuras, esta obra é unha actuación de interese xeral, e a realización dese vial debe manterse coa firme vontade de levala a cabo.

2º.-Que a tenor do grado avanzado do procedemento expropiatorio e da posibilidade de que a desafectación dos bens iniciada e non resolta, poida non ser precisa, se a execución da obra nunha nova alternativa é practicamente coincidente ou sustancialmente análoga, coa que se preveu inicialmente e cuxo contrato tivo que ser resolto, unha vez incluidos os elementos ou actuacións que se poidan esixir por parte da Dirección Xeral de Patrimonio por razóns de economía e eficacia podería ser de interese público manter a expropiación efectuada ata que se resolva sobre a solución que se poida consensuar coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.

En virtude do que antecede e entendendo que se mantén a motivación de interese xeral e urxencia na execución da obra que motivaron a expropiación, por esta Alcaldía solicítase que se proceda á suspensión do procedemento iniciado de desafectación dos bens e dereitos da expropiación, toda vez que poderían ser precisos para a execución da obra e entendendo que elo responde a razóns de eficacia, economía procedimental e conservación dos actos administrativos para unha actuación pública necesaria.