Tal e como anunciou hai uns días o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, ven de enviar unha queixa formal á Xunta tras a non inclusión da praia das Catedrais no Top ten turístico de Galicia.

O rexedor sinala que “desde o Concello de Ribadeo, e por extensión de toda a Mariña luguesa, non entendemos a falla neste novo produto dun recurso das características da praia das Catedrais, xa que é un dos lugares máis visitados do país e o monumento natural máis importante de Galicia”.

Fernando Suárez considera este feito coma “unha grave discriminación” pola que solicita que desde a Secretaría Xeral para o Turismo, “e sen ir contra ningún outro recurso turístico do país, se rectifique e se inclúa no Top ten á praia das Catedrais xa neste mesmo 2012″.