Probas libres presenciais para a obtención do ComDix-Iniciación.

ComDix Xunta Ribadeo

Datos principais da convocatoria:

• Inicio do prazo de inscricións:  sábado, 22 de febreiro, ás 00:01 horas
• Remate do prazo de inscricións: venres, 28 de febreiro, ás 23:59 horas
• Onde inscribirse: na web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal)
• Data e lugar de exame: 2 e 3 de Abril ás 10:00h na Aula ceMIT de Ribadeo.
• Soamente unha inscrición por persoa participante. Unha vez rematado o prazo: Na 1ª semana de marzo, sorteo, publicación na web da listaxe provisional e comunicación por correo electrónico aos participantes dos resultados.
• Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; senón renuncian, son admitidos definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizados (excepto xustificación documental).