A edil nacionalista sinalou que “neste primeiro día da feira de Expovacaciones, en Bilbao, temos que dicir que foi unha xornada moi positiva no sentido da curiosidade que esperta no visitante o stand de Ribadeo pola xente que nos está a visitar, que é un número importante, xa que se espera que os días máis fortes para as visitas de público sexan tanto a tarde de hoxe como na fin de semana”.

Ana Martínez insistiu en que “se trata dunha feira máis de proximidade, máis familiar, que nos está permitindo chegar a ese consumidor final dun xeito máis directo. A xente amosa moito interese pola zona e busca información para consumir. Non simplemente por curiosidade senón que nos piden información e incluso nos comentan que teñen pensado acudir en breve ou cara ao verán e iso parécenos bastante importante porque desde aquí podemos afianzar que esa viaxe que teñen en mente se chegue a realizar cara Ribadeo”.

En Expovacaciones “coma sempre a praia das Catedrais é a gran coñecida e a través dese achegamento nos está permitindo informar sobre todo canto o viaxeiro pode atopar e disfrutar en Ribadeo. Así pois esperamos que moita da xente que está visitándonos estes días aquí, en Bilbao, poidamos vela disfrutando por Ribadeo, do noso concello, do noso comercio, da hostalería, da ría, dese tapeo que temos aí tan próximo e de tantas cousas boas que Ribadeo pon sempre a disposición dos seus visitantes”.