Primeira xornada para os equipos ribadenses de fútbol sala.

Partidos de futbol sala

O Ribadeo FS “A” medirase ao Burela FS “A” na categoría benxamín a partires das 10 da mañá deste sábado, 11 de novembro.

O Ribadeo FS “B” enfrontarase tamén na categoría benxamín ao Burela FS “C” ás 11 da mañá.

Unha hora despois, ás 12 do mediodía, os benxamíns do Ribadeo FS “C” xogará fronte ao equipo da ACD Xove “B”.

Na categoría prebenxamín enfrontaranse o Ribadeo FS e o ED Lourenzá.

Estes catro partidos xogaranse en Ribadeo.

A xornada complétase co Villalba-Ribadeo FS de infantil, que se disputará en Villalba ás doce do mediodía.