O luns, 24 de marzo, as charlas terán lugar na escola de Vilela, ás 19 horas; na escola de Vilaselán, ás 20 horas; na escola de Couxela, ás 21 horas; e na escola de Cedofeita, será ás 22:10 horas.

O mércores, 26 de marzo, a charla para previr atropelos terá lugar no teleclube de Vilausende a partires das 18:30 horas.

E xa o xoves, 27 de marzo, será o turno para A Devesa. Neste caso a charla celebrarase no Círculo Habanero a partires das 17:40 horas; na escola vella de Rinlo será ás 18:45 horas; na escola de Ove ás 19:30 horas; e na escola de Remourelle ás 21:30 horas.

Nas charlas participará o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e membros da Policía Local. A todos os que asistan entregaráselles un chaleco reflectante.