O vindeiro luns 24 de marzo ás 19:30 h, terá lugar no Salón dos Alcaldes a presentación do Observatorio Cidadán da Biodiversidade de Ribadeo.

Presentación OCB Ribadeo 24 marzo

O vindeiro luns 24 de marzo ás 19:30 h, terá lugar no Salón dos Alcaldes a presentación do Observatorio Cidadán da Biodiversidade de Ribadeo. Un proxecto que busca fomentar a fotografía e o rexistro da biodiversidade local para contribuír ao seu estudo e conservación.

O acto contará coa participación de:
– Antonio Ordóñez (Presidente da Asociación Fotografía y Biodiversidad)
– Belén Pérez (Representante local do Observatorio Cidadán da Biodiversidade)

Se es amante da natureza e queres coñecer máis sobre este proxecto, non faltes!