<p>A biblioteca municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acolleu nas últimas horas a entrega de agasallos aos gañadores e gañadoras do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2018, na súa fase local. Xunto a estas rapazas e rapaces estiveron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a responsable da biblioteca Mª Jesús Ranón. </p>