Mañá, mércores, ás 17:30 horas no salón de plenos do Concello terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras, aos elixidos polo público e polo xurado que emitiu o seu veredicto o pasado 20 de maio. No acto de entrega participarán o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez.

Tamén recibirán mañá os seus premios os afortunados e afortunadas que realizaron o tapeo nalgunha das catro zonas nas que foron divididos Ribadeo e as súas parroquias, selaron as súas tarxetas no número requirido pola organización e as depositaron nas furnas instaladas nos locais participantes neste concurso gastronómico. Así coma aos que fixeron as Rutas Tapeo 16 e Tapeo Express.

Os premios e os gañadores na Zona 1 foron:
– Unha cea, menú especial fin de semana, para dúas persoas en Hotel – Restaurante O Cabazo por cortesía deste establecemento.
Olga Lamas. Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas, por importe máximo de 40euros, na Taberna Antón por cortesía deste establecemento.
José María Ares. Barreiros
– Unha cea para dúas persoas en Cayo Coco Gastrobar por cortesía deste establecemento.
Rubén Blanco Cancio. Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa- Verde por cortesía deste establecemento.
Sara Torviso Rodríguez. Tapia de Casariego

Na Zona 2:
– Unha cea para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento.
María Jesús Glez Llenderrozos. Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas valorada en 50€ en Pulpería A Menchina por cortesía deste establecemento.
Lara Miranda González. Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas en O Alén por cortesía deste establecemento.
Lucio Guillermo López. Ribadeo
– Unha cea, menú pechado, para dúas persoas en Bar Galicia por cortesía deste establecemento.
Leticia Gamallo López. Ribadeo

Na Zona 3:
– Unha Comida/cea de arroz caldoso con bogavante, para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento.
Saray Murias Iglesias. Vegadeo
– Unha Comida/cea de arroz caldoso con bogavante, para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento.
Ana Belinda Sanjurjo. Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Mareta por cortesía deste establecemento.
Miguel Ángel Fuente Rego. Ribadeo
– Unha comida/cea para dúas persoas no Mesón Morriña por cortesía deste establecemento.
Rosario Vivas Blanco. Ribadeo

Na Zona 4:
– Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Maloserá.
Sonia López Vilar . Ribadeo
– Unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Rafael Montoro Luján. Foz
– Unha cea para dúas persoas en Fumarel por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Rocío Díaz Robledo. Ribadeo
– Un menú degustación para dúas persoas na Mirandilla Restaurante por cortesía deste establecemento.
Antonio Reimundo. Ribadeo

Ruta Tapeo 16
– Unha cea para dúas persoas en El Rincón del Gordo por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Miguel A. Barcia García. Vegadeo
– Unha cea para dúas persoas en Hotel Restaurante Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Jorge Pereira. Ribadeo
– Un “Menú Parador” para dúas persoas por cortesía do Parador de Ribadeo e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Restaurante O Piano.
Fernando Pérez Mendez . Tapia de Casariego
– Unha cea para dúas persoas en Texturas Galegas Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Gemma Preito Legazpi. Ribadeo

Ruta Tapeo Express
– Unha estancia para dúas persoas no Hotel Fogar do Mariñeiro por cortesía deste establecemento.
Carolina Campos Álvarez. A Coruña