O edil de Deportes, Vicente Castro, agradece o premio e faino extensivo ao técnico municipal de Deportes, aos clubes deportivos do concello, á Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a todos os que practican deporte en Ribadeo.

O concelleiro nacionalista agradeceulle á Asociación Galega de Xestores Deportivos este recoñecemento, “este premio ven avalar o traballo realizado ao longo destes anos desde o Concello de Ribadeo en materia deportiva. Supón un recoñecemento ao esforzo institucional e persoal para promover a práctica deportiva tanto na mellora e construcción de instalacións deportivas como na estructuración do deporte en Ribadeo, refírome ao apoio ao deporte base como pilar da política deportiva do Concello e que se concreta nas escolas deportivas municipais, sen deixar de mencionar o apoio ao deporte feminino e aos deportes tradicionais”.

Vicente Castro fixo extensivo este premio “a Iván, o técnico coordinador do deporte en Ribadeo, a todos os clubes sen os que non sería posible o deporte en Ribadeo, aos pais e nais como activos colaboradores, a outras institucións e en especial á Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e a todos aqueles que practican deporte en Ribadeo. A todos moitas grazas”.