A entrega dos premios Ciudades y Pueblos que Alimentan celebrouse en Castellón de la Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organización sociais dedicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo o territorio estatal, servirá para visibilizar as mellores prácticas por unha alimentación sustentable, comezando por Valencia, Allariz, Granollers, Valladolid eEo Alimenta.
Mención especial a Eo Alimenta 

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía otorgou unha mención especial ao proxecto Eo Alimenta polo seu esforzo en xerar plans e accións interterritoriais, traspasando os límites administrativos das comunidades autónomas ao centrar a súa estratexia alimentaria en torno ao río Eo e a súa bacía alimentar. Recolleron o premio Adrián Gallero, coordinador do   Alimenta, María Celis, produtora de Finca El Cabillón, Jonatan Estraviz, membro do grupo motor de Eo Alimenta eCésar Álvarez, Presidente da Asociación Interrexional InterEo eAlcalde de Vegadeo.

Nova financiación para Eo Alimenta
Pola súa banda, Eo Alimenta foi recentemente seleccionada pola Fundación Carasso para recibir o seu apoio económico e poder continuar deste xeito coa implementación de Eo Alimenta. A financiación recibida pola Fundación Carasso para os vindeiros 21 meses permitirá acometer a implementación da acción 2.3 da Estratexia Alimentaria doEo, Alimentos sustentables para comedores, consistente no impulso da compra responsable de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos por parte dunha selección de axentes públicos e privados do territorio. 

Deste xeito, seguindo cunha metodoloxía de traballo participativa, esta proposta plantexa o traballo en dúas direccións: i) o traballo co grupo de persoas produtoras creado durante o proceso de elaboración da estratexia, para organizar a produción, seguir articulando o sector produtivo agroecolóxico do territorio e articular a oferta e distribución de alimentos para proveer aos comedores participantes no proxecto; ii) traballar cunha selección de comedores públicos (centro educativo, centro de día, etc.) e privados (sector da restauración, sector marítimo) para que inicien a compra de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos para alimentar ás súas persoas usuarias.

Desta forma, Eo Alimenta pretende contribuir a consolidar no territorio unha demanda de alimentos agroecolóxicos e de proximidade que contribúa á consolidación e á dignificación dos proxectos de produción agroecolóxica do territorio, así como incentivar o aumento de persoas e proxectos dedicados no territorio á produción agroecolóxica. Por outra banda, este proxecto permitirá aumentar a capacitación e sensibilización de diversos axentes locais como son o alumnado, profesorado, familias e ANPAS de centros educativos, as persoas usuarias doutro tipo de comedores públicos, o persoal laboral de cociñas locais, persoal técnico e político de administracións públicas, etc. Por último, este proxecto contribuirá a aumentar e reforzar as alianzas entre os diferentes axentes vinculados directa ou indirectamente ao ecosistema alimentario.