O pasado 20 de xuño tres nenas e un neno de Ribadeo acudiron á Biblioteca Pública de Lugo a recoller o seu premio, tras participar na fase provincial do Certame de Narración e Debuxo Infantl Letras Galegas 2018. Aparecen na imaxe Luca García, Marta Ortiz, Claudia García e Nahir Prelo. Houbo outras dúas premiadas, Irene Suárez e Sara Fernández, que non puideron viaxar ese día ata Lugo.