O salón de plenos do Concello acolleu a entrega de premios aos gañadores da novena edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo.

O Piano, con Non te cortes; o segundo premio foi para o hotel restaurante O Cabazo, con Juanín; o terceiro premio para Galipizza&Cía, con Un leitón no noso pan; e a tapa Ribadeo foi para hotel restaurante La Villa, con Unha tarde na ría. O xurado decidiu concederlle unha mención especial a mesón pulpería O Forno, con Os tres solombos do chef. E os premios do público foron para hotel restaurante O Cabazo, coma mellor tapa; e restaurante La Solana, coma mellor barra.

Un total de 20 persoas resultaron agraciadas con diferentes agasallos nos sorteos realizados entre os clientes que realizaron os percorridos nas 5 zonas propostas polo Concello de Ribadeo. Entre os premios figuran packs de botellas de viño de Joaquín Rebolledo e de DEO, de roupa de Sapagueira e Hola Ola, bonos para consumir na praza de abastos de Ribadeo, vales de compra de ACISA para gastar nos establecementos asociados, un curso de surf, unha cesta de picnic de Marica da Berza, e varios xantares na bodega de Joaquín Rebolledo. E o premio dos Soños Gastronómicos correspondeulle a unha veciña de Xixón, que será agraciada cunha viaxe en avioneta por Ribadeo.

Os locais gañadores do Ribadeo de tapeo ofrecerán unha degustación gratuíta das súas tapas o vindeiro venres, 13 de xuño, pola noite. Son: Casa Pepe, O Cabazo, Galipizza&Cía, La Villa, O Forno e La Solana.