Os larpeiros de ouro (é dicir aqueles que probaron todas as tapas do concurso) foron: Leopoldo Mediavilla Jardón, que levou un lote de produtos da oleoteca La Chinata de Ribadeo; Juan Villamil González, obsequiado cun lote de libros de cociña e Eva Méndez Iragorri, que obtivo un lote de produtos de Guidán. Outras tres persoas levaron outros tantos premios (por teren consumido alomenos 25 tapas das participantes). Foron José Riopedre Moreira, que disfrutará dunha fin de semana nunha casa de turismo rural; José Antonio López Alonso, recibiu un lote de produtos de perfumerías Arenal e Miguel Barcia García, que obtivo un lote de produtos de Bodegas Ribeirao.

O xurado da sexta edición do Ribadeo de tapeo elexiu coma tapas gañadoras as elaboradas polo restaurante La Solana (primeiro premio), bar Queimada (segundo premio) e Casa Pepe (terceiro premio). Todos recibiron un diploma e unha figura conmemorativa. O xurado concedéulle unha mención especial pola presentación da súa tapa e a súa posta en escea á cervexería-raxería Pizzbur, que tamén recibiu o premio do público.

Ademáis de todos os premios tamén recibiron un diploma os outros oito finalistas: A.G Porcillán, La Botellería, El Cabás, bar Cantón, La Cervecería, El Duende, hotel restaurante Voar e Pizzbur.