O rexedor municipal ribadense explica no documento que decidiu utilizar o fax para intentar contactar coa presidenta do Instituto Galego de Consumo ao non logralo a través do teléfono “despois de telo tentado en numerosísimas ocasións”. E amosa a súa preocupación “pola falta de resposta ao escrito que dirixín hai días solicitando información de cantos dos casos de reclamacións por preferentes e subordinadas presentadas na Oficina de Consumo de Ribadeo foron xa atendidas e con que resultado; cantos deles figuran pendentes de resolver e que solución se lles ten pensado dar”.

Fernando Suárez tamén lembra no escrito enviado hoxe que no anterior “indicaba a conveniencia de que non se deixe a ningún destes reclamantes sen o acceso á vía da arbitraxe, tal e como eles pediron”.

O alcalde agarda que a presidenta do Instituto Galego de Consumo contacte con el e apela ao exposto no documento “·a fin de evitar posibles desgrazas por parte de afectados (estafados) por este produtos financeiros tóxicos”.