O rexedor dixo que “é agora a mediodía cando estamos a notar os efectos deste ciclón que estabamos a esperar. Eu non quero alarmar a ninguén, pero a recomendación que facemos desde o Concello é que a xente, salvo que teña necesidade de andar pola rúa para algunha emerxencia, é dicirlles que non saian das súas vivendas. Sempre hai lousas que se desprenden das vivendas, que poden chegar a ferir ou mancar ás persoas”.

Suárez Barcia insistiu en que “o tempo está a empeorar, entón salvo que sexa necesaria a saída é mellor que non saian das súas casas porque moito nos tememos que empezará a haber incidentes con árbores caídas, con lousas, etc, etc. Policía Local e Voluntarios de Protección Civil están atentos ás incidencias que se poidan producir, pero a recomendación máis sincera que lles facemos aos veciños e ás veciñas de Ribadeo é que non saian das súas casas pola tarde”.