O rexedor explicou que “como Ribadeo afortunadamente nestes últimos anos está a destacar e brilla con luz propia dentro do panorama turístico a nivel galego tamén nos esixe, na medida das nosas posibilidades, que teñamos todo nun estado aceptable para que toda a xente que vai vir aquí durante a semana santa quede prendada e valore positivamente a súa estancia en Ribadeo”.

Suárez Barcia subliñou que “de aí que con persoal municipal esteamos a rozar todos os entornos das praias das Catedrais, dos Castros, das Illas. Remataron as obras que fixemos durante o inverno destes servizos hixiénicos tan importantes para a praia das Catedrais, grazas á colaboración económica que a Deputación Provincial de Lugo tivo con nós, onde costeou esta importante obra para dar resposta a esta demanda inxente que temos cada ano nese areal”.

O alcalde ribadense engadiu que “desde Costas están tamén a arranxar todas as desfeitas que ocasionaron os temporais, que si ben non foron tan grandes coma noutros sitios da costa, sí que se produciron no paseo marítimo de Rinlo, na praia de Esteiro, na praia dos Bloques, etc, e tamén están a traballar todo canto poden. Quizás todas estas obras non rematen para a semana santa, pero sí que estarán listas e operativas para principios do verán”.

Fernando Suárez considera que “é de esperar que este ano, e non me vou equivocar no que digo, seguramente volvamos bater récord de asistencia de xente que ven a Ribadeo, que ven visitarnos ou polas Catedrais, que está redobrada a súa moda despois de que o portal web TripAdvisor a fixera finalista coma unha das mellores praias do planeta, como polas calidades da nosa hostalaría e dos nosos servizos que fan as mil marabillas e todo o mundo que ven a Ribadeo queda prendado, repite e fala moi ben por aí aos demais para que sigan a vir ata aquí”.