A respecto destas obras, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegurou que “estas obras mellorarán a seguridade viaria e ampliarán o número de atraques no porto. Entendemos que era unha materia pendente que xa o propio presidente de Portos de Galicia nos explicara aquí no Concello e desde logo que o máis fundamental é a necesidade de reordenar a circulación nesa zona para separar o tráfico rodado das zonas para peóns, xa que o vial actual era moi estreito”.
O rexedor engadiu que “é de destacar a construción dunha pasarela peonil de madeira duns 150 metros de longo que se vai colocar para diferenciar as áreas de circulación”. A maiores, segundo informou Suárez “colocaranse tamén bancos, xardineiras e uns poucos atraques máis”. “Ribadeo, a nivel de portos deportivos” concluíu o alcalde “é un dos primeiros en número de amarres superando os 600 amplamente”.
Fernando Suárez agarda que “agora se poidan ir conciliando estas obras con outras que iniciaremos no casco vello en poucos días, agardo que neste sentido non se produzan problemas, a pesares das molestias ocasionadas”.