O tren “Porta Norte” é xa un clásico do verán en Ribadeo. Esta iniciativa traerá turistas desde Xixón ata Ribadeo. Unha vez aquí visitarán diversos puntos da nosa vila e desprazaránse ata Mondoñedo, á praia das Catedrais e a Rinlo.

Este tren circulará desde xuño ata setembro. Será os días 14, 21 e 28 de xuño; 5, 12, 19 e 26 de xullo; 2, 9, 16, 23 e 30 de agosto e 6 e 13 de setembro. Esta iniciativa é produto da colaboración de varias institucións coma o Concello de Ribadeo, Feve e a Deputación de Lugo a través da Área de Turismo. Ésta aporta 15.000 euros neste 2011, que sumados aos invertidos desde o 2008 fan un total de 52.000 euros en catro anos.

No 2008 foron 415 os turistas que chegaron a Ribadeo neste tren; no 2009 elexiron esta proposta 600 persoas, cifra que no pasado Xacobeo chegou ás 1.800 persoas. As previsións para este ano sitúanse en 700 pasaxeiros.

No acto desenvolvido este mediodía na Deputación de Lugo participaron a vicepresidenta 3ª, María Xosé Vega Buján, o director de trens turísticos de Feve, José Antonio Rodríguez, o xerente de Feve, José Manuel Pereda e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.