O rexedor contou que “no día da Gaita Galega en Ribadeo tamén tivemos tempo para recibir aos nosos amigos asturianos que se achegaron hoxe a Ribadeo no tren de Feve para reivindicar un servizo ferroviario de calidade propio do século XXI”.

Suárez Barcia díxolles: “contades pois co noso apoio e incluso nun vindeiro futuro deberamos facer un encontro reivindicativo de Galicia e Asturias en Ribadeo”.