O alcalde, Fernando Suárez, asegurou este sábado que “van tomando forma obras importantísimas para Ribadeo. Neste caso, coa ampliación da ponte de Feve na estrada da Deputación, colocando os taboleiros para a súa ampliación, algo que dará seguridade aos viandantes. E na ribeira da Ría de Ribadeo, entre a Vilavella e As Aceas, seguen as labores de eliminación de lixo e de vexetación invasora”.

O rexedor animou a seguir mercando no comercio local empregando a moeda local ribadense: “e seguide mercando no comercio local coa nosa moeda municipal: A Pancha”.