Desde Igualdade explican que “ao longo da nosa vida, nos vemos en moitas ocasións tendo que coidar ás persoas do noso entorno, familiares, veciños/as… debido a calquera tipo de circunstancia, enfermidade ou accidente que emerxen en calquer momento. Habitualmente debido aos roles preestablecidos e á desigualdade entre mulleres e homes imperante na sociedade actual son as mulleres as que asumen as tarefas de coidados nestes casos circunstanciais e no día a día no que atinxe aos coidados básicos (crianzas, maiores …). Por iso, desde a Concellaría de Igualdade  estamos a organizar unhas sesións prácticas de posta ao día  dirixidas a mulleres e homes que xa coidan ou poden coidar nun futuro  e lles interese o tema”.

Os  obxectivos desta actividade son reforzar os coñecementos e habilidades que teñen as persoas que coidan de maneira informal (sen cobrar) sobre temas básicos do coidado e compartir experiencias. O destinatario da actividade é a poboación en xeral “que xa coidan ou que poden coidar nun futuro e lles interesa o tema. A cuestión é que casi todo o mundo, nalgún momento da vida vai coidar doutra/as persoa/as polo que precisaremos dalgún  coñecemento sobre coidados básicos”. Os temas que se abordarán son: o fomento da autonomía, hixiene, alimentación, movilización e prevención de úlceras, entre outros.

A Concellaría de Igualdade conta coa colaboración do persoal do Centro de Sáude de Ribadeo. A enfermeira Dolores García Docobo será a encargada de impartir estas sesións prácticas. Serán dúas sesións de  unha hora e media cada unha.

En Ribadeo fáranse o martes 11 de decembro e o xoves 13 de decembro en horario de 17.30 horas a 19.00 horas na Casa do Mar (Aula fogar). Os/as interesados/as poden anotarse chamando ao 982 120 739 / 982 120 808, ou escribindo un correo electrónico a cim@ribadeo.org. Estas sesión desenvolveránse a partires do vindeiro mes de xaneiro nalgunhas parroquias de Ribadeo.