A edil de Educación sinalou que “desde a Concellaría de Cultura e dende a Oficina de Información Xuvenil negamos rotundamente que exista ningún tipo de favoritismo á hora de inscribir aos nenos nos campamentos. Esta práctica vense facendo dende o ano 2008 sin que ningún servizo municipal se fixera eco de que houbera ningún tipo de neglixencia pola nosa parte ou que estiveran mal feitas as cousas”. Mariluz Álvarez Lastra manifestou que “nos folletos, que todos os pais recibiron e que se repartiron con esmerado cuidado en todos os centros de ensino ao mesmo tempo para que todos os nenos teñan a mesma información no mesmo día e non haxa agravios comparativos entre uns e outros, pon moi claro que o prazo de inscripción é a partir do día 15 ata cubrir as prazas ou inicio da actividade, a documentación a presentar que é a ficha de inscripción e o xustificante de pagamento. Non pon en ningún caso que sexa condición sine qua non ter pagado as tasas e ter alí a documentación. É unha reserva que se fai, cando os seus pais fan efectivo o pago queda inscrito. Todos os nenos que chaman por teléfono á oficina de información xuvenil van cubrindo as prazas e despois admítese a todos os que estean en reserva, porque efectivamente se non se presenta esa documentación en prazo ou si eses pais non pagan a taxa ou por calquera outra circunstancia familiar, que eses nenos durante ese tempo non vaian asisitir, corren as listas de reserva”.

A concelleira nacionalista dixo “qué casualidade que levemos facendo esto dende o ano 2008 e este señor non se ocupara de nada, nin de estar nos campamentos nin de ninguna actividade de cultura nin de nigunha actividade relacionada coa escola de música, porque parece ser que vai todo no mesmo saco. Resulta que este ano, a uns meses das eleccións municipais interesalle inscribir ao seu fillo e como o seu fillo, como o resto de nenos que quedaron nesa lista de reserva, como 25 mais, monta esta tangana. Digo e repito: non houbo ningún tipo de favoritismo, foi o procedemento que se ven facendo desde que hai estas actividades sendo concelleira esta que lles fala e sendo o Bloque Nacionalista Galego o que goberna no Concello de Ribadeo e o que organiza todo esto xunto cos técnicos da oficina de información xuvenil”. Álvarez Lastra engadiu que “houbo nenos outros anos que quedaron fora evidentemente e había nenos este ano que quedaban fora tamén porque uns pais chamaron antes que outros. Paréceme totalmente inxusto que alguén teña que pedir dous ou tres días de traballo para poder inscribir a uns nenos nunhas actividades, é dicir ir apuntalos, cubrir a documentación, pagar no banco, incluso rexistralos, como di este señor, no rexistro xeral do Concello. Eso xa me parece rizar o rizo. Actuouse en todo momento de boa fe, inscribironse xustamente como se ven facendo todos estes anos, polos técnicos municipais, porque esta concelleira que está aquí, por moito que o señor Rivas diga, os seus fillos están anotados como os demais, cumprindo as normas como o resto dos nenos efectivamente, pero non mira ningún listado, nin chama a ninguén para que se anoten a este tipo de actividades. Os meus e outros moitos foron anotados por outro membro da familia, polo seu pai, o por algunha outra persoa relacionada con eles, pero non por esta concelleira que fala”.

Á edil de Educación parécelle “fora de toda norma que se utilicen políticamente ata as actividades dos nenos e valga todo para desprestixar políticamente, para facer campaña electoral. En todo caso, quen tentou forzar a toda máquina que o seu fillo entrara foi este señor e como non lle valeu o sistema que estaba estipulado e que a xente e os cidadáns de Ribadeo viñan facendo desde ano 2008 montamos todo o que montamos. Pena me da que o nivel dos políticos de Ribadeo sexa este, pero como faltan uns meses para eleccións municipais cada quen deberá asumir as súas responsabilidades”. Mariluz Álvarez recoñeceu que “actuando de boa fé, os técnicos municipais non pediron certificado de empadroamento aos nenos que estaban escolarizados, que etaban residindo en Ribadeo e que particpaban habitualmente nas actividades e que viven aqui. Sí que houbo que rectificar as listas porque había nenos que non estaban empadroados. Erros e de boa fé tenos calquera, pero nego rotundamente ningún tipo de favoristimo nin que se fixera nada así coas actividades dos nenos, outros pensarán que todo ladrón é da súa condición, pero neste caso as áreas do Concello que eu represento e os técnicos municipais nada máis lonxe da realidade. Tamén defendo a labor que están facendo os técnicos municipais, porque si él foi ás nove da mañá e non estaban estas persoas, estes técnicos que se encargan dos nenos están dende as nove da maña as nove da noite nas actividades. E o que nos debéramos de preocupar é sin son de calidade, si a empresa, como asi o fai, responde ás expectativas e si se cumpren as ratios de monitores por nenos, si hai os seguros que ten que haber… diso deberíamos de preocuparnos os políticos e remar todos no mesmo sentido porque si este ano só temos 90 prazas por razóns presupostarias para que o ano que ven ogallá teñamos 150. Aí é no que teríamos que traballar e esforzarnos e non en tirar por terra as cousas que se fan e que benefician a moitos nenos, porque claro que é certo que é unha actividade gustosa, porque estábamos movendo arredor de 200 nenos. Ogallá poidesemos mover a 400 e ogallá estas actividades puidesen durar dúas semanas ou tres para facilitarlles aos pais a conciliación da vida laboral e familiar. E con ese espíritu naceron pero chegamos a onde chegamos por razóns presupostarias”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, dixo que “unha persoa que estivo permanentemente criticando ano tras ano todo tipo de gasto efectuado en actividades de ocio e tempo libre, cultura e xuventude, unha persoa que no debate dos orzamentos insistiu na necesidade de recortar os presupostos destinados a esto aínda que se lle dixo que tiñan un fin social para dar cobertura aos nenos que acababan o colexio e aos que os pais non tiñan onde deixar, ven agora falando de manipulación e de amiguismo para cubrir unhas prazas. Prazas que veñen limitadas polo recorte presupostario que fixemos, entre outras cousas, pola súa insistencia”. Vicente Castro explicou que “nós quixemos dar cobertura a todos os cativos que puideran inscribirse, e sobre todo porque tiñamos experiencia de anos anteriores de que hai un tramo de idade que ten unha maior demanda que é moi difícil de atender e o que maior coste presupostario ten. Recorte tras recorte e sen obter unha maior partida para estas actividades pasa o que pasou. E xa que este señor solta merda por todos os lados que lle explique á opinión pública cómo se inscribía á xente para participar nas xornadas de medio ambiente cando él era o responsable dese departamento, que conte cántos asistían e a cántos se lles entregaba o título sin ter asistido a elas, e non vou falar de colegueo nin de nada, porque non me gusta entrar neste tipo de debates, pero é unha realidade que está aí. Non se pode falar, atacar e tirar merda e noutros tempos actuar da maneira que se fixo”.

O concelleiro do BNG suliñou que “como se abriu a veda electoral isto non é máis que o principio dunha batalla que vai ser permanente ata maio do ano que ven e este señor, que probablemente non se presente ás eleccións, posiblemente terá que prestar servizos para algún cargo que anda bailando por aí”.